Márquez e Vilela é unha empresa galega de carpintería a medida, dedicada ao deseño e a fabricación de mobles de alta calidade con máis de 15 anos de experiencia no sector.

 

Comezamos a nosa actividade no ano 2001 no polígono empresarial de Novo Milladorio (Ames). Dende entón realizamos traballos de carpintería a medida a nivel particular e profesional en toda a xeografía galega baixo a mirada da nosa numerosa carteira de clientes que agradecen a nosa dedicación ao oficio e aos seus mobles.

 

Dámoslle absoluta prioridade á calidade do produto, traballando dende o deseño dos mobles ata a montaxe final dos mesmos, así coma na elección dos materiais e os seus elementos auxiliares e ferraxes.

 

Abarcamos todas as fases do proxecto, dende o asesoramento, o deseño, a fabricación, a instalación e a montaxe dos mobles ata a súa colocación final, satisfacendo así todas a necesidades dos nosos clientes.

 

En Márquez e Vilela dispoñemos dun gran equipo humano que nos convirte nunha empresa competitiva en tempos e resultados de execución. Ao mesmo tempo dispoñemos dun equipo de deseñadores para facer do noso produto un produto diferenciado.